Workshop VR + 

 

Patrimonio fotográfico

pontevedra. espazo por determinar. 25-29 

setembro.

 

 

 

 

horario: 10h -14h /

 16:30h-18:30h.

12 prazas con bolsa de inscrición gratuíta.

 

 

 

idea e mentorización: bermudas land.

en colaboración coa universidade de vigo.

 

DIRIXIDO A

Estudantes de Belas Artes, Humanidades e Comunicación Audiovisual, así como a profesionais da fotografía, a comunicación, o deseño e a xestión do patrimonio cultural.  

12 prazas gratuítas 

Todas as persoas participantes terán unha bolsa de inscrición gratuíta, a cambio do desenvolvemento do proxecto de maneira colaborativa cos mentores. 

Unha vez recibidas as solicitudes de preinscrición, farase un proceso selectivo tendo en conta o currículo ou portfolio das persoas solicitantes e a súa motivación, así como a diversidade e complementariedade dos perfís nos equipos de traballo. Ante perfís similares daráselle prioridade aos que antes fixesen a solicitude de inscrición. 

PREINSCRICIÓN

Aberto o prazo para recibir solicitudes ata o 6 de setembro.

Antes do 13 de setembro confirmaráselles aos participantes a súa selección. 

Para apuntarte só tes que cubrir este formulario:

Nome e apelidos *
Nome e apelidos
http://
http://

Presentación

Non hai dúbida de que a realidade virtual e os videos en 360º están a ser a gran revolución tecnolóxica dos últimos meses en todo o mundo. As grandes compañías, institucións ou estudios estanse a meter nela de cheo e xa se augura unha revolución similar á que no seu día provocou o “smartphone” ou a propia TV. Os usos desta tecnoloxía abranguen calquera sector e na actualidade o seu uso xa non é de futuro senón de presente inmediato.

No TEK_16 xa fomos pioneiros en Galicia desenvolvendo obradoiros sobre esta tecnoloxía. Ademais espuxemos ao público as mellores lentes VR do mercado xunto coas fantásticas experiencias inmersivas aloxadas nelas (ata fomos pioneiros nacionais en mostrar a Sony Play Station VR sen saír aínda ao mercado).

Durante o TEK_17 queremos dar un paso máis na senda da realidade virtual, convertendo A cidade de Pontevedra na protagonista dun proxecto de VR internacional e colocándoa á altura de grandes cidades do mundo (New York, Tokio) que están a investir centos de miles de dólares en proxectos de realidade virtual e patrimonio. A inspiración será o propio arquivo fotográfico da cidade mesturado con imaxes VR do seu innovador urbanismo actual. O resultado será unha viaxe virtual á Pontevedra dos últimos 100 anos e converterase nunha ferramenta potente e moi vangardista para compartir Pontevedra co mundo.

En que consistirá?

Faremos un proxecto xuntos colaborando co patrimonio audiovisual e humano da cidade para facer unha viaxe virtual á Pontevedra do século XX, mediante a creación de seis "tomavistas" en VR. Neste taller aprenderemos a dixitalizar fotografías antigas e a mesturalas con panorámicas actuais para convertelas en imaxes inmersivas que poidan verse en 360º, sacándolle o máximo partido ás posibilidades da VR para reconstruír o patrimonio das cidades.

O obxectivo práctico do obradoiro será a produción material para unha exposición sobre a cidade en realidade virtual, que pasará a formar parte dos contidos da “MOSTRA VR” do TEK FEST

 

Contidos por día

LUNS 25. DÍA 1

10h. TEK TALK. VR/AR/MR e o Patrimonio das Cidades. 

10:45h. TEK WORKSHOP FOTO/VIDEO 360 Basic. VR: Primeiros Pasos e Sistemas Automáticos (Ricoh, Samsung Gear 2016, Samsung Gear 2017). 

12h. TEK LAB FOTO/VIDEO 360 Advanced I. Técnicas de Laboratorio I. (Sony a6300, Sony a7, Insta 360 PRO, Nodal Ninja, Autopano, Mistika).

WORK:

16:30 - 18:30 (DEMO VR)

MARTES 26. DÍA 2

10h. TEK LAB FOTO/VIDEO 360 Advanced II. VR: Técnicas de Laboratorio II. (Sony a6300, Sony a7, Insta 360 PRO, Nodal Ninja, Autopano, Mistika).

12h. TEK TALK. Spatial Audio: O son 3D e 360. 

12:45h. TEK WORKSHOP AUDIO 360 Basic. Captura de Audio 3D/360 (Samsung Gear 2017, Zoom HS2, Facebook 360, Reaper, Ableton Live). 

WORK:

16:30 - 18:30 (TAKE PHOTO-VIDEO)

MÉRCORES 27. DÍA 3

10h. TEK LAB AUDIO 360 Advanced. Edición e Montaxe de Audio 3D/360 (Samsung Gear 2017, Zoom HS2, Facebook 360, Reaper, Ableton Live) 

11:30h. TEK TALK. As oportunidades da VR e os VFX.

12:15. TEK LAB STITCHING VR/360. Corrección e cosido de imaxes 360/3D. (Autopano, Mistika, After Effects, Photoshop, Premiere, Final Cut).

WORK:

16:30 - 18:30 (I+D)

XOVES 28. DÍA 4.

10h- 14h. TEK LAB POST-PRODUCTION VR & PROGRAMMING. Edición, Montaxe e Exportado de imáxenes 360/3D (Autopano, Mistika, After Effects, Photoshop, Premiere, Final Cut). 

WORK:

16:30 - 18:30 (I+D)

VENRES 29. DIA 5.

10h - 14h. TEK EXPO WORKSHOP & INSTALLATION. Finalización e montaxe do Patrimonio VR da cidade.

WORK:

16:30 - 20:30 (DEMO INSTALLATION)