Workshop "Calor"

pontevedra. esdemga. do 26 ao 29 de setembro.

 

horario: martes, mércores e xoves de 9.30  a 19H. venres 29 de 9.30 a 14h.

12 prazas con bolsa de inscrición gratuíta

 

 

 

idea e mentorización: pinaki studios en colaboración con esdemga (universidade de vigo)

 

DIRIXIDO A

Estudantes de deseño de moda e belas artes, e profesionais da moda e da artesanía. 

12 PRAZAS GRATUÍTAS

Todas as persoas participantes terán unha bolsa de inscrición gratuíta, a cambio do desenvolvemento do proxecto de maneira colaborativa cos mentores. 

Unha vez recibidas as solicitudes de preinscrición, farase un proceso selectivo tendo en conta o currículo ou portfolio das persoas solicitantes e a súa motivación, así como a diversidade e complementariedade dos perfís nos equipos de traballo. Ante perfís similares daráselle prioridade aos que antes fixesen a solicitude de inscrición. 

PREINSCRICIÓN

Aberto o prazo para recibir solicitudes ata o 6 de setembro.

Antes do 13 de setembro confirmaráselles aos participantes a súa selección. 

Nome e apelidos *
Nome e apelidos
http://
http://

Presentación

Un proxecto a medio camiño entre a arte e o deseño centrado na creación de superficies e tecidos, combinando procesos tradicionais e novas tecnoloxías. Traballando a partir do patrimonio téxtil da cidade xorde esta proposta de traballo en superficies de tecidos e materiais termoplásticos a través de procesos de aillamento + transformación + ritmo + fusión + adhesión. Será impartido pola deseñadora galega afincada en Londres Arantza Vilas, fundadora de Pinaki Studios.

Pinaki Studios crea téxtiles especializados para cinema, televisión e teatro, incluíndo a serie da HBO “Xogo de Tronos” (temporadas 4, 5 e 6), “A princesa branca” (Starz), “Os mosqueteiros” (BBC) e “A fantasma da ópera” (Joen Schumacher). O traballo do estudio tense publicado nas principais axencias de tendencias, como WGSN, Estilo Vista e LSN global.

Obxectivo

O taller introducirá as persoas participantes a técnicas e procesos para a creación e manipulación de superficies mediante a calor e a temperatura.

 

palabras clave

Temperatura | Aillamiento | Transformación | Ritmo | Fusión | Adhesión

 

Procesos e técnicas a cubrir

  • Estampación por sublimación
  • Gofrado
  • Adhesión (bonding) Flock/Foil
  • Puff binder (aplicación por estarcido)
  • Láser (gravar e cortar-tanto para cortar os materiais como para facer plantillas de estarcido)
  • Pódense incorporar algúns principios básicos de plisado/manipulación de fibras termoplásticas

 

CONTIDOS POR DÍA

MARTES 26. DÍA 1

Sesión de mañá

Presentación (Power Point de conceptos e procesos a explorar, febras, materiais, mostras)

Estampación por sublimación: exploración de marcas e cor, consideración de proporcións de cor.

Introdución ao gofrado, foil e flock, manipulación de febras termoplásticas. Realización de mostras.

Sesión de tarde

Experimentación coas técnicas introducidas durante a mañá.

Revisión e comentarios. Realización de libro/diario de mostras.

 

MÉRCORES 27. DÍA 2

Sesión de mañá

Realización de plantillas para estarcido en acetato no láser

Introdución ao Puff binder (efectos de gofrado, texturas, uso en tecidos con strech)

Experimentación cos estarcidos (stencils) e o puff binder

Corte e gravado con láser nos distintos materiais (espumas, madeira, tecidos, plásticos...). Consideración no uso completo do material (zero waste)

Introducción ao “bonding” e ao “layering”.

Sesión de tarde

Experimentación con estas técnicas

Revisión e comentarios. Realización de libro/diario de mostras.

 

XOVES 28. DIA 3

Sesión de mañá

Día de experimentación combinando as técnicas e procesos cubertos considerando a lista de palabras “punto de partida”.

Sesión de tarde

Continuación da mañá

Revisión e crítica.

 

Venres 29: SESIÓN FINAL

Presentación pública dos resultados