TEK–FEST / PONTEVEDRA.16

encontro internacional
– tecnoloxías emerxentes

27/SETEMBRO–01/OuTUBRo.2016

Que é Tek–Fest

É un encontro internacional sobre tecnoloxías emerxentes (tech trends) que se desenvolverá na cidade de Pontevedra entre o 27 de setembro e o 1 de outubro de 2016. Contará con diferentes actividades que se realizarán progresivamante: workshops, conferencias, instalacións e performances de diversa natureza.

AS TECNOLOXÍAS QUE ESTÁN A CAMBIAR O MUNDO

TEKOLAND

PONTEVEDRA

 

ESCENARIOS DE FUTURO:

DA METRÓPOLE Á CIDADE DIXITAL

Javier Maseda e Pedro Medina

Da cidade soñada ás megalópoles do noso futuro esténdese un complexo contexto de relacións onde a comunicación aparece como o epicentro dos cambios sociais, redefinindo estilos de vida e sistemas de pertenza que o desenvolvemento tecnolóxico está a levar a estadios de experiencia inéditos.

A “cidade” foi considerada por pensadores como Simmel o lugar emblemático da sensibilidade contemporánea, analizando a través dela, e máis concretamente a través dunha forma, a megalópole, a relación existente con aqueles valores que van ser decisivos no futuro, pois a cidade será o contorno da maioría de habitantes do século XXI. Este é o laboratorio de discusión dunha realidade cada vez máis complexa, que xa a socioloxía fenomenolóxica alemá interpretou baixo a centralidade do habitar e a ruptura radical coa comunidade que supón o desenvolvemento urbano.
Para tal contexto propóñense unhas liñas de lectura que permitan enxergar os vindeiros desafíos, considerando as innovacións tecnolóxicas nun marco crecente desde os anos sesenta: a comunicación no centro das transformacións sociais.

No mesmo reformúlanse algúns termos como smart city, introducindo outros como senseable city, real-time city ou sharing city para reflexionarmos sobre os novos espazos de conexión e de relación, as redes na súa dimensión máis existencial, que dan lugar a sistemas que atravesan todo o tecido social no que emerxen novas comunidades.

Atopámonos fronte a unha nova cartografía pola que viaxaremos nun inmediato futuro, articulando tempos e espazos nun mundo virtual, o que modifica radicalmente os nosos estilos de vida. Deste xeito, trátase de construír un mapa de ideas e proxectos que nos axude a interpretar o período de cambio no que estamos, asumindo a famosa frase de Mies van der Rohe: «A vivenda do noso tempo aínda non existe. Porén, a transformación do modo de vida esixe a súa realización».

/WORKSHOPS/

}

2 WORKSHOPS }

3: DÍAS;

} 27;28;29: SETEMBRO: 2016

UNHA CIDADE: PONTEVEDRA }

 
 
portada-w.jpg

Workshop 1–

VR 360: AUDIO, VIDEO & PROGRAMMING

Antonio Víctor García-Serrano (Zakato) e Bermudas Land

Dirixido a: profesionais do audiovisual, deseñadoras/es, programadoras/es, artistas dixitais...

Duración }

3: días;

12: horas;

}

Prezo: 300€

15 prazas

Con acceso gratuíto ao Symposium

 
 
 
 
 

Programa:

día 1/ 360º VR Panoramic Photo & Video:

Introdución á captura de imaxes de 360º

Este workshop pretende ser unha introdución á captura de imaxes de 360º, tanto en foto como en vídeo, cubrindo os conceptos básicos e os elementos necesarios de realización. Mediante o emprego de certos exemplos prácticos mostraranse as ferramentas necesarias para que as persoas asistentes poidan empezar a capturar e pensar nos seus propios proxectos con imaxes de 360º. 

día 2/ 360° Virtual Reality Binaural & Espacial 3D Audio:

Unha das armas máis potentes, accesíbeis e á vez máis descoñecidas para crear experiencias inmersivas é o son. O uso de audio binaural, 3D ou interactivo en VR é unha auténtica revolución.

Nesta parada do WORKSHOP VR 360: AUDIO, VIDEO & PROGRAMMING descubriremos os secretos das técnicas e mais os trucos que nos permitirán deseñar o son do futuro.

DÍA 3/ 360º VIRTUAL REALITY TOOLS FOR VFX, 2D/3D & PROGRAMMING:

Neste apartado do WORKSHOP VR 360: AUDIO, VIDEO & PROGRAMMING centrarémonos en integrar experiencias 360, 2D ou 3D con aplicacións como AE, Premier o Unity 5. Aprenderemos a optimizar e a compartir co público auténticos desafíos para os sentidos e a xerar interacción e VFX para contornos de realidade virtual como HTC VIVE, Samsung Gear VR/Oculus ou PSVR.

 

Docentes:

ANTONIO VÍCTOR GARCÍA-SERRANO – ZAKATO

Antonio Víctor García-Serrano leva relacionado coa captura de imaxes panorámicas desde o principio deste século e foi recoñecido no 2011 como mestro da fotografía panorámica contemporánea pola International Virtual Reality Panoramic Association IVRPA.

Como parte da súa continua aprendizaxe e investigación leva explorando as técnicas de captura en video esférico desde o año 2010. Chegou mesmo a desenvolver os seus propios métodos de captación, recoñecidos e presentados a nivel internacional, para a gravación de vídeo de 360º en alta calidade. Estes métodos baséanse nas técnicas clásicas de captura fotográfica panorámica, tanto nas súas versións 2D como máis recentemente en estereoscopía 3D.
 
O uso eficiente do hardware/software utilizado durante anos nas xa asentadas técnicas de fotografía panorámica é máis que suficiente para a gravación de certos vídeos de 360º (2D e 3D). Esta adaptación as técnicas fotográficas presenta por un lado certas limitacións no tipo de vídeos a realizar, pero son por outro lado unha maneira sinxela e económica de capturar vídeos esféricos da máis alta definición. O guionizado, deseño e método de captura utilizado con este método particular de gravación de vídeos panorámicos aseméllase moito ao das realizacións cinematográficas tradicionais.

Zakato immersive imaging

 

Bermudas Land – ProXectos de innovación

Bermudas promove eventos de educación e colaboración tecnolóxica independientes xunto a deseñadores, desenvolvedores, emprendedores, músicos e artistas. Neles produce de forma colaborativa proxectos transformadores no terreo da arte, do deseño, da música e da interacción.

Bermudas Land é pioneira en España e a nivel internacional en realidade virtual. Ata agora os seus proxectos de VR téñense centrado principalmente na moda, na música e na educación. Algúns dos seus logros son o desenvolvemento de Fragments, primeiro Fashion Film VR do mundo en realidade virtual, ou a creación da primeira pasarela con VR e WEARABLES integrados (cámaras, reloxos, lentes) en MBFWM.

workshop 2–

CARTO:Location intelligence

Javier Noguerol

Dirixido a: profesionais do audiovisual, deseñadoras/es, programadoras/es, xornalistas, artistas dixitais...

Duración }

3: días;

12: horas;

}

Prezo: 300€ 

15 prazas

Con acceso gratuíto ao Symposium

 

Análise xeoespacial e visualización dos datos dunha cidade coa nova ferramenta de CARTO: Builder.
+ Big Data, Smart Cities e Location Intelligence
+ Que é e como funciona CARTO
+ Análise xeoespacial e visualización de datos con CARTO Builder

Neste obradoiro aprenderemos qué é a análise de datos xeoespacial e cómo as cidades máis avanzadas do mundo o están a usar para mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. Tamén aprenderemos a usar Builder, a nova ferramienta de drag-and-drop Location Intelligence de CARTO.

 

Javier Noguerol é investigador en deseño. Actualmente é o responsábel de intelixencia de produto de CARTO. É e foi socio de firmas como Asociados, Sib3ria ou Barrabés, onde foi responsábel de proxectos de educación e innovación, deseño de producto, branding ou servizos para varias marcas do Fortune 500. Noutras vidas fundou unha discográfica e unha empresa de xogos e dirixiu unha escola de deseño internacional.

/SYMPOSIUM/

– ENCONTRO INTERNACIONAL DE TECNOLOXÍAS EMERXENTES –

}

6 TEK–TRENDS }

1: DÍA;

}

30: SETEMBRO: 2016

UNHA CIDADE: PONTEVEDRA }

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

PAZO DA CULTURA

 
 
 
 
portada_c_s_3.jpg

symposium -

30/09 • SYMPOSIUM TEK–FEST

Presenta e modera

Manuel González
Director de Zoom Net - TVE

Director do programa de TVE Zoom Net (dedicado ao mundo da tecnoloxía e da cultura dixital), no canal 24 Horas e en La 2. 

 

symposium 1-

PERCEPtIONAL TALK • 30/09 • matinal • 10:15/11:30

Escenarios de futuro: Da metrópole á cidade dixital

Con Pedro Medina e Javier Maseda

Sopalmo é un punto de encontro para realizar proxectos de consultoría en alta cultura, deseño e novas tecnoloxías, cuxas actividades principais son exposicións, publicacións, viaxes, formación e asesoramento para a adaptación ás últimas tecnoloxías. Está formado por Francisco Jarauta, filósofo, Pedro Medina, filósofo, Pablo Jarauta, filósofo, e Javier Maseda, deseñador.

Pedro Medina Reinón, filósofo e crítico de arte, escribe habitualmente en Artecontexto e Le Monde Diplomatique, e tamén traduce, edita e coordina diversas publicacións de arte, filosofía e deseño.

Javier Maseda,responsable do deseño e  desenvolvemento de produtos dixitais que axudan á Network do IED a comunicarse, formarse, proxectar e traballar online. Procedente do deseño web e gráfico.  

 
 
 

SYMPSIUM 2–

INSPIRATIONAL TALK • 30/09 • MATINAL • 11:30/12:15

A NovA EDUCACIÓN: cara a un novo modelo baseado na innovación e a investigación

Con Isabel Berz

Considerada unha das maiores innovadoras do mundo na fusión de moda, tecnoloxía e proxectos sociais, desenvolveu proxectos como IED VR Fashion Films, Las Manuelas (CoDesign Platform) ou Redefining Craft in the XXI Century, cos que creou o caldo de cultivo de ideas fundamentaos para o IED Rec, Fashion & Design, Research and Education Center, un novo centro de investigación e educación para o grupo IED, ideado e dirixido por ela co obxectivo de transformar ideas excitantes en proxectos reais e deseñar novos modelos educativos, coherentes coas necesidades e cambios da sociedade do século XXI.

Isabel Berz, deseñadora de moda de formación (Écoles de la Chambre Syndicale de la couture Parisienne). Despois de ter vivido entre Colonia, Paris e Milán, aterra finalmente en Madrid, onde crea a súa propia marca de moda e desenvolve unha presenza a nivel internacional que fomenta as bases para a súa posterior posición como directora da escola de moda do IED Madrid Moda Lab. Alí deseña un novo concepto académico que entende a escola como un laboratorio de experimentación, buscando una constante reflexión e redefinición de conceptos existentes. Un proxecto singular que se manifesta na formación de deseñadores, directores creativos e de novos perfís profesionais para o complexo e cambiante sector da moda.

SYMPOSIUM 3–

DISCOVERING TOOLS • 30/09 • MATINAL • 12:45/13:30

BIG DATA & CIDADe: predicir a través do lugar

Con Javier Noguerol

CARTO é unha plataforma aberta, potente e intuitiva para o descubrimento e a predición das ideas clave que subxacen nos datos de localización no noso mundo.

Javier Noguerol é investigador en deseño. Actualmente é o responsábel de intelixencia de produto de CARTO. É e ten sido socio de firmas como Asociados, Sib3ria ou Barrabés, onde foi responsable de proxectos de educación e innovación, deseño de produto, branding ou servizos para varias marcas do Fortune 500. Noutras vidas fundou unha discográfica e unha empresa de xegos e dirixiu unha escola de deseño internacional.

SYMPOSIUM 4-

demo • 30/09 • MATINAL • 13:30/14:15

a democratización da realidade virtual (vr): social media inmersivo

Con Jimena Merino

A promesa da realidade virtual (VR) sempre foi enorme. Pormos unhas gafas VR e sermos transportados a calquera lugar. É o mesmo escapismo prometido pola ciencia ficción durante décadas: liberarse das cadeas do mundano a través dun transporte metafísico a un estado alterado.

Jimena Merino - Directora creativa e co-founder de Bermudas Land
Deseñadora de interiores, gráfica e web. Directora de arte VR.

Emprendedora en mútiples proxectos que cruzan a creatividad e a innovación, traballa en Bermudas Land, un laboratorio de innovación tecnolóxica e investigación artística. Ademais é deseñadora gráfica freelance apaixonada polo collage e polas fotomontaxes. Na actualidade é unha das pioneiras na dirección artística e infografías en VR (Virtual Reality).

SYMPOSIUM 5–

SOUND PERFORMING • 30/09 • VESPERTINA • 18:00/19:30

Soportes sonoros: a conservación do son e a nova experiencia urbana

Con José Manuel Costa & Toño Cabanelas

Á parte de carrillóns, caixas de música ou pianos mecánicos, o descubrimiento do fonógrafo e a conservación do son supuxeron un cambio cataclísmico, tanto no ambiente urbano como no rural que de súpeto se viu urbanizado. Diferentes soportes ao longo do último século foron traendo unha cada vez maior ubicuidade do son tanto a nivel individual como colectivo. E cada un deses formatos tivo consecuencias non só técnicas mais tamén formais e conceptuais ata chegar a un profundo cambio de paradigma na produción, a distribución e o consumo do son.

José Manuel Costa (Madrid, 1949) é crítico e comisario de artes visuais e sonoras. Comezou compatibilizando programas radiofónicos en Onda Dos FM de Madrid e Radio 3 de RNE coa critica de música e novas expresións no diario El País. Logo de dirixir a primeira radio deste medio, pasou á revista La Luna como subdirector para despois entrar en ABC como critico de artes visuais, oonde fundou canda Catalina Luca de Tena o suplemento de artes dese diario. A continuación botou trece anos como correspondente de ABC en Berlín e en Londres, cidades nas que continuou desenvolvendo as súas actividades críticas e curatoriais. Ao seu regreso a España pasou a fundar a sección de Culturas do diario Público. Actualmente prosegue a súa actividade de manera independente. Como comisario organizou exposicións como Isidro Blasco, Thomas Ruff ou ARTe SONoro, festivais como Sinestesia ou ECO e nos medios colabora en eldiario.es como crítico de artes visuais ao tempo que mantén canda Abraham Rivera o programa Retromania en Radio 3 Extra.

Toño Cabanelas

Enxeñeiro audiovisual, experto en artes dixitais, deseñador de VR & Wearable Hacking, docente sobre innovación, Dj & Vj... desde hai máis dunha década Toño leva dirixido e participado en multitude de proxectos artísticos e tecnolóxicos para diferentes compañías, organizacións e festivais: Apple, Samsung, IED Moda Lab, Madrid Fashion Week, Frinje Festival, Festival Sinsal, Absolut Lab ou Fundación Telefónica, especializándose principalmente na investigación sobre o deseño de experiencias interactivas baseadas na fusión de arte e tecnoloxía audiovisual.

SYMPOSIUM 6–

ART INSTALLATION • 30/09 • VESPERTINA • 19:30

Artesanía dixital

Con Miguel Espada de Espada y Santacruz

 

Espada y Santacruz é un estudio creativo híbrido situado en Madrid. Nel desenvólvense proxectos interactivos e experiencias audiovisuais baseadas na continua investigación da tecnoloxía dixital e a narración.

Miguel Valero Espada é doutor en Lóxica polo CWI de Amsterdam. Licenciado pola Universidad de Zaragoza, é profesor da Universidad Complutense de Madrid desde o 2005. A vez, realiza estudos de filosofía pola universidade a distancia e en 2008 obtén o diploma de estudos avanzados na facultade de Belas Artes da UCM, co título "De la lógica analógica a la lógica digital. Lo Sublime 2.0: el retorno de lo sublime en las artes visuales contemporáneas", onde establece as bases dunha estética da arte dixital. É co-fundador do estudio Espada y Santacruz, espazo dedicado á creación, produción e investigación nas artes visuais. Os seus traballos céntranse na reflexión creativa acerca dos temas clásicos da arte baixo o prisma dos novos medios de expresión artística. Os seus traballos abarcan desde a fotografía e a videoarte ata as artes escénicas e as instalacións interactivas.

 

/DEMO DAY/

}

DEMOS TEK }

1: DÍA;

} 1: OUTUBRO: 2016

UNHA CIDADE: PONTEVEDRA }

 
 
 
 
portada-demo-fondo2.jpg