/SYMPOSIUM/

– ENCONTRO INTERNACIONAL DE TECNOLOXÍAS EMERXENTES –

}

6 TEK–TRENDS }

1: DÍA;

}

30: SETEMBRO: 2016

UNHA CIDADE: PONTEVEDRA }

 

 
 
 
 

PROGRAMA COMPLETO

portada_c_s_3.jpg

symposium -

30/09 • SYMPOSIUM TEK–FEST

Presenta e modera

Manuel González
Director de Zoom Net - TVE

Director do programa de TVE Zoom Net (dedicado ao mundo da tecnoloxía e da cultura dixital), no canal 24 Horas e en La 2. 

 

symposium 1-

PERCEPtIONAL TALK • 30/09 • matinal • 10:15/11:30

Escenarios de futuro: Da metrópole á cidade dixital

Con Pedro Medina e Javier Maseda

Sopalmo é un punto de encontro para realizar proxectos de consultoría en alta cultura, deseño e novas tecnoloxías, cuxas actividades principais son exposicións, publicacións, viaxes, formación e asesoramento para a adaptación ás últimas tecnoloxías. Está formado por Francisco Jarauta, filósofo, Pedro Medina, filósofo, Pablo Jarauta, filósofo, e Javier Maseda, deseñador.

Pedro Medina Reinón, filósofo e crítico de arte, escribe habitualmente en Artecontexto e Le Monde Diplomatique, e tamén traduce, edita e coordina diversas publicacións de arte, filosofía e deseño.

Javier Maseda,responsable do deseño e  desenvolvemento de produtos dixitais que axudan á Network do IED a comunicarse, formarse, proxectar e traballar online. Procedente do deseño web e gráfico.  

 
 
 

SYMPSIUM 2–

INSPIRATIONAL TALK • 30/09 • MATINAL • 11:30/12:15

A NovA EDUCACIÓN: cara a un novo modelo baseado na innovación e a investigación

Con Isabel Berz

Considerada unha das maiores innovadoras do mundo na fusión de moda, tecnoloxía e proxectos sociais, desenvolveu proxectos como IED VR Fashion Films, Las Manuelas (CoDesign Platform) ou Redefining Craft in the XXI Century, cos que creou o caldo de cultivo de ideas fundamentaos para o IED Rec, Fashion & Design, Research and Education Center, un novo centro de investigación e educación para o grupo IED, ideado e dirixido por ela co obxectivo de transformar ideas excitantes en proxectos reais e deseñar novos modelos educativos, coherentes coas necesidades e cambios da sociedade do século XXI.

Isabel Berz, deseñadora de moda de formación (Écoles de la Chambre Syndicale de la couture Parisienne). Despois de ter vivido entre Colonia, Paris e Milán, aterra finalmente en Madrid, onde crea a súa propia marca de moda e desenvolve unha presenza a nivel internacional que fomenta as bases para a súa posterior posición como directora da escola de moda do IED Madrid Moda Lab. Alí deseña un novo concepto académico que entende a escola como un laboratorio de experimentación, buscando una constante reflexión e redefinición de conceptos existentes. Un proxecto singular que se manifesta na formación de deseñadores, directores creativos e de novos perfís profesionais para o complexo e cambiante sector da moda.

SYMPOSIUM 3–

DISCOVERING TOOLS • 30/09 • MATINAL • 12:45/13:30

BIG DATA & CIDADe: predicir a través do lugar

Con Javier Noguerol

CARTO é unha plataforma aberta, potente e intuitiva para o descubrimento e a predición das ideas clave que subxacen nos datos de localización no noso mundo.

Javier Noguerol é investigador en deseño. Actualmente é o responsábel de intelixencia de produto de CARTO. É e ten sido socio de firmas como Asociados, Sib3ria ou Barrabés, onde foi responsable de proxectos de educación e innovación, deseño de produto, branding ou servizos para varias marcas do Fortune 500. Noutras vidas fundou unha discográfica e unha empresa de xegos e dirixiu unha escola de deseño internacional.

SYMPOSIUM 4-

demo • 30/09 • MATINAL • 13:30/14:15

a democratización da realidade virtual (vr): social media inmersivo

Con Jimena Merino

A promesa da realidade virtual (VR) sempre foi enorme. Pormos unhas gafas VR e sermos transportados a calquera lugar. É o mesmo escapismo prometido pola ciencia ficción durante décadas: liberarse das cadeas do mundano a través dun transporte metafísico a un estado alterado.

Jimena Merino - Directora creativa e co-founder de Bermudas Land
Deseñadora de interiores, gráfica e web. Directora de arte VR.

Emprendedora en mútiples proxectos que cruzan a creatividad e a innovación, traballa en Bermudas Land, un laboratorio de innovación tecnolóxica e investigación artística. Ademais é deseñadora gráfica freelance apaixonada polo collage e polas fotomontaxes. Na actualidade é unha das pioneiras na dirección artística e infografías en VR (Virtual Reality).

SYMPOSIUM 5–

SOUND PERFORMING • 30/09 • VESPERTINA • 18:00/19:30

Soportes sonoros: a conservación do son e a nova experiencia urbana

Con José Manuel Costa & Toño Cabanelas

Á parte de carrillóns, caixas de música ou pianos mecánicos, o descubrimiento do fonógrafo e a conservación do son supuxeron un cambio cataclísmico, tanto no ambiente urbano como no rural que de súpeto se viu urbanizado. Diferentes soportes ao longo do último século foron traendo unha cada vez maior ubicuidade do son tanto a nivel individual como colectivo. E cada un deses formatos tivo consecuencias non só técnicas mais tamén formais e conceptuais ata chegar a un profundo cambio de paradigma na produción, a distribución e o consumo do son.

José Manuel Costa (Madrid, 1949) é crítico e comisario de artes visuais e sonoras. Comezou compatibilizando programas radiofónicos en Onda Dos FM de Madrid e Radio 3 de RNE coa critica de música e novas expresións no diario El País. Logo de dirixir a primeira radio deste medio, pasou á revista La Luna como subdirector para despois entrar en ABC como critico de artes visuais, oonde fundou canda Catalina Luca de Tena o suplemento de artes dese diario. A continuación botou trece anos como correspondente de ABC en Berlín e en Londres, cidades nas que continuou desenvolvendo as súas actividades críticas e curatoriais. Ao seu regreso a España pasou a fundar a sección de Culturas do diario Público. Actualmente prosegue a súa actividade de manera independente. Como comisario organizou exposicións como Isidro Blasco, Thomas Ruff ou ARTe SONoro, festivais como Sinestesia ou ECO e nos medios colabora en eldiario.es como crítico de artes visuais ao tempo que mantén canda Abraham Rivera o programa Retromania en Radio 3 Extra.

Toño Cabanelas

Enxeñeiro audiovisual, experto en artes dixitales, deseñador de VR & Wearable Hacking, docente sobre innovación, Dj & Vj... desde hai máis dunha década Toño leva dirixido e participado en multitude de proxectos artísticos e tecnolóxicos para diferentes compañías, organizacións e festivais: Apple, Samsung, IED Moda Lab, Madrid Fashion Week, Frinje Festival, Festival Sinsal, Absolut Lab ou Fundación Telefónica, especializándose principalmente na investigación sobre o deseño de experiencias interactivas baseadas na fusión de arte e tecnoloxía audiovisual.

SYMPOSIUM 6–

ART INSTALLATION • 30/09 • VESPERTINA • 19:30

Artesanía dixital

Con Miguel Espada de Espada y Santacruz

 

Espada y Santacruz é un estudio creativo híbrido situado en Madrid. Nel desenvólvense proxectos interactivos e experiencias audiovisuais baseadas na continua investigación da tecnoloxía dixital e a narración.

Miguel Valero Espada é doutor en Lóxica polo CWI de Amsterdam. Licenciado pola Universidad de Zaragoza, é profesor da Universidad Complutense de Madrid desde o 2005. A vez, realiza estudos de filosofía pola universidade a distancia e en 2008 obtén o diploma de estudos avanzados na facultade de Belas Artes da UCM, co título "De la lógica analógica a la lógica digital. Lo Sublime 2.0: el retorno de lo sublime en las artes visuales contemporáneas", onde establece as bases dunha estética da arte dixital. É co-fundador do estudio Espada y Santacruz, espazo dedicado á creación, produción e investigación nas artes visuais. Os seus traballos céntranse na reflexión creativa acerca dos temas clásicos da arte baixo o prisma dos novos medios de expresión artística. Os seus traballos abarcan desde a fotografía e a videoarte ata as artes escénicas e as instalacións interactivas.