cuadrado-tek.jpg

Realidade virtual e 

 

patrimonio fotográfico

Unha viaxe virtual á Pontevedra do século XX. No workshop de VR + Patrimonio aprenderemos a dixitalizar fotografías antigas e a mesturalas con panorámicas actuais para convertelas en imaxes inmersivas que poidan verse en 360º, sacándolle o máximo partido ás posibilidades da VR para reconstruír o patrimonio das cidades. Imparte Bermudas.land.

 

Na Casa das Campás, do 25 ao 29 de setembro. 

12 prazas cubertas con estudantes e profesionais da Fotografía, as Humanidades, a Comunicación, o Cinema, o Deseño, a Arquivística ou a Xestión Cultural. 

 

 

 

O xoves 28, ás 19h no Museo de Pontevedra haberá unha presentación pública dos traballos e do work in progress realizado neste taller. Entrada libre ata completar aforo.