Mostra VR

Unha selección internacional dos mellores contidos en realidade virtual, co foco posto nos contidos relacionados coa memoria e o patrimonio das cidades. 

Co patrocinio de Samsung

 

Vestíbulo do Museo de Pontevedra. Entrada gratuíta.

Martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29. Horario: 17h - 21h

Sábado 30. Horario: 11h - 14h e 17h - 21h.

notes-on-blindness.jpeg

Notes on Blindness

“Notes on Blindness”. Within. USA, 2016. 

Experiencia en VR complementaria ao documental do mesmo título producido por ARTE. Creada polo estudio Within, dos prestixiosos artistas dixitais Chris Milk e Aaron Koblin, Notes On Blindness é unha viaxe ao mundo que hai máis alá da vista. Un documental inmersivo baseado nas gravacións de audio que John Hull realizou nos anos 80 para documentar o seu proceso de quedar cego. Con el podemos explorar en primeira persoa a experiencia cognitiva e emocional da cegueira.

lafuerzaimprevista.png

Fuerza imprevista

Jaunt VR. Mexico, 2016.

Esta peza é unha colaboración entre as artistas mexicanas Mariachi Flor de Toloache (gañadoras do Grammy Latino) e a compañía de danza Leyenda. Unha deliciosa experiencia inmersiva que combina arquitectura, música e baile nunha interpretación moderna da tradición mexicana. 

chernobylvr.jpg

Chernobyl VR

The Farm 51. Polonia, 2016. 

Un percorrido por Chernobyl que é máis que unha visita virtual . Combina a narrativa dos videoxogos, do cine e dos produtos educativos para dar a coñecer o resultado do desastre nuclear que en 1986 asolou a cidade ucraína. Unha homenaxe as vítimas para non esquecer a Historia.

El tiempo en tus manos

RTVE / Future Lighthouse, 2016.

Imaxinas traballar como funcionario neste ministerio? Supera o exame de entrada canda Ernesto e Salvador neste primeiro episodio da experiencia interactiva de realidade virtual feita a partir da serie de TVE “El Ministerio del Tiempo”, unha das máis ficcións máis innovadoras da televisión en España, que conecta a ciencia ficción coa Historia e o patrimonio cultural.

fragments.jpg

Fragments

Bermudas.land. Galiza, 2015. 

O primeiro fashion film en 360º do mundo é esta peza rodada na Illa de San Simón, dentro do taller Exploradores organizado polo festival SinSal. A partir dunha colección da deseñador Sonia Carrasco, ‘Fragments’ mergúllanos no misterio dun lugar singular no que o peso da memoria histórica dialoga coa natureza, a innovación e a creatividade. 

stereoscopicNY1.jpeg

Arquivo estereográfico 3D da NYPL.

NEW YORK PUBLIC LIBRARY. EEUU, 2016.

Unha colección de fotografías estereoscópicas do século XIX recompiladas pola New York Public Library a partir de diversos arquivos norteamericanos.  A estereoscopía foi moi popular entre 1850 e 1930 e agora, coa tecnoloxía 3D e inmersiva podemos facer que estas imaxes cobren vida de novo.