Homenaxe aos TEKIS galegos

O renacemento do Organ Sound

Museo de Pontevedra. Venres 29 ás 19h. 

Entrada libre ata completar aforo. 

O TEK-FEST quere reivindicar o patrimonio e o legado dos inventores galegos. O protagonista da homenaxe este ano é o finado inventor compostelán Juan Portela Seijo, pioneiro na enxeñaría acústica e audiovisual que patentou inventos como o Organ Sound, o mítico altofalante feito a base de cilindros e inspirado nos tubos do órgano da Catedral de  Santiago. Contaremos coa presenza de Yago Portela, fillo do inventor, para recibir esta homenaxe e facer unha escoita en directo do alto falante orixinal. 

Pero ademais convidamos o artista Miguel Espada, do estudio Espadaysantacruz, para reconstruír por primeira vez o Organ Sound en Pontevedra e convertelo nun instrumento de música electrónica. Espada leva meses traballando nunha nova versión do Organ Sound, que veremos e escoitaremos en primicia no Museo de Pontevedra antes de que empece a viaxar por todo o mundo. 

Para rematar a velada teremos a Viktor Flores DJ ofrecendo unha selección comentada de música que escoitaremos a través do mítico Organ Sound. 

 

wendy-carlos-composer-bw-1979-billboard-1548.jpg
organ_tek.jpg
IMG_20170908_163025_HDR.jpg
 

Performance Musical co Organ Sound.

Ruínas de San Domingos. Sábado 30 de setembro, 12:30h.

Entrada libre ata completar aforo. 

Concerto a cargo do pianista Daniel Ruiz-Cecconello, que interpretará un repertorio clásico mesturado con electroacústica baseado en Bach, coa inspiración de Wendy Carlos, pioneira da síntese modular dos anos 60-70, colaboradora de Stanley Kubrick e apartada da primeira liña do mérito musical por ser transexual nos anos 70. Ademais este concerto terá pezas de outros compositores como Sacrlatti, Debussy ou Meendinho. 

Neste concerto as persoas asistentes poderán disfrutar da capacidade acústica do Organ Sound amplificando música en directo nun lugar tan especial como as Ruínas de San Domingos do Museo de Pontevedra.