Calor. Memoria téxtil da cidade.

Un proxecto a medio camiño entre a arte e o deseño centrado na creación de superficies e tecidos, combinando procesos tradicionais e novas tecnoloxías. Traballando a partir do patrimonio téxtil da cidade xorde esta proposta de traballo en superficies de tecidos e materiais termoplásticos a través de procesos de aillamento + transformación + ritmo + fusión + adhesión.

Workshop en Esdemga, do 26 ao 29 de setembro. Impartido pola deseñadora galega afincada en Londres Arantza Vilas, fundadora de Pinaki Studios.12 prazas cubertas.

 

 

 

 

Conferencia de Arantza Vilas 

 

Pinaki Studios: un estudio téxtil que navega entre os mundos da arte e do diseño. Un percorrido por algúns dos proxectos desenvolvidos polo estudio: tecidos para vestiario de cine e televisión, insectos xigantes e chocolate plisado.

 

Mércores 27 de setembro. Casa da Luz. 19h. 

Entrada libre ata completar aforo.