As tecnoloxías que están a cambiar o mundo

QUÉ É TEK-FEST

É un encontro internacional sobre tecnoloxías emerxentes (tech trends) que se desenvolverá na cidade de Pontevedra ao longo do verán 2016 e que celebrará un gran evento na última semana de Setembro: conferencia o día 27 e obradoiros do 28 de setembro ao 1 de outubro.

Este evento contará tamén con diferentes actividades que se realizarán progresivamante nos próximos meses, workshops (obradoiros), congreso, instalacións artísticas e performances.

OBXECTIVO

As novas cidades do século XXI basearán o seu presente, e non únicamente o seu futuro, nunha emancipación tecnolóxica que facilite a vida das persoas. Para que isto ocorra, o xen da innovación débese conxugar con outros esforzos anteriores tales coma os programas educativos ou económicos das institucións. TEK-FEST nace coma unha ponte entre estas institucións, as empresas e a cidadanía para democratizar os recursos máis avanzados da cultura digital (por exemplo: a hiperconexión, o big data, a realidade virtual ou a intelixencia artificial). 

En definitiva o obxectivo de TEK-FEST é conectar pasado, presente e futuro coa creación de novos soportes para o desenvolvemento de profesións innovadoras, independentes e sustentables, a artesanía dixital.

TEK-FEST diríxese principalmente a profesionais de áreas tecnolóxicas, pero tamén a outros diferentes perfís como xente nativa dixital, curiosas das novas tecnoloxías e tamén a todos os visitantes con gañas de coñecer de primeira man as tecnoloxías que están a cambiar o mundo.

 

 

Las tecnologías que están cambiando el mundo

QUÉ ES TEK-FEST

Es un encuentro internacional sobre tecnologías emergentes (tech trends) que se desarrollará en la ciudad de Pontevedra durante todo el verano 2016 y que concluirá con un gran evento entre 27 de Septiembre y el 1 de Octubre. Contará con diferentes actividades que se realizarán progresivamante, tales como workshops, congresos, instalaciones y performances de diversa índole.

OBJETIVO

Las nuevas ciudades del siglo XXI basarán su presente y no únicamente su futuro en una emancipación tecnológica que facilite la vida de las personas. Para que esto ocurra el gen de la innovación debe conjugar con otros esfuerzos anteriores, tales como los programas educativos o económicos de las instituciones. TEK-FEST nace como un puente entre estas instituciones y los ciudadanos para democratizar los recursos más avanzados de la cultura digital (por ejemplo: la hiperconexión, el big data, la realidad virtual o la inteligencia artificial).

En definitiva el objetivo de TEK-FEST es conectar pasado, presente y futuro con la creación de nuevos soportes para el desarrollo de profesiones innovadoras, independientes y sostenibles, los artesanos digitales.

TEK-FEST se puede dirigir a diferentes perfiles tales como nativos digitales, profesionales expertos, curiosos de las nuevas tecnologías y también a todos los visitantes con ganas de conocer de primera mano las tecnologías que están cambiando el mundo.